Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2017

BO NADAL E FELIZ ANO 2018!

Imaxe
O 1º trimestre rematou, e co seu fin chega unha das datas máis esperadas por tódolos Pondaliñ@s... O NADAL XA ESTÁ AQUÍ! Con esta postal os nenos e nenas de 4 anos queremos desexarvos unhas felices festas e unha moi boa entrada de ano rodeados de tódala xente que máis vos quere  ❤

NADAL 2017!

Imaxe
Esta mañá despedimos o 1º trimestre deste curso cun día cheo de sorpresas e celebracións! Comezamos a mañá recibindo a visita dos Reis Magos de Oriente, a quen saudamos e agasallamos cunha panxoliña que estivemos ensaiando coa mestra Luisa. Titúlase "A galiña", e por iso con ela creamos estas coroas cocoroqueiras que adornaron a nosa cabeza durante toda a actuación! Aproveitando a visita dos Reis, entregámoslle as nosas cartas, e eles a cambio regaláronnos unha bolsiña de chuches e un xogo para compartir cos demais compañeiros e compañeiras! Despois de merendar un saboroso roscón e un rico turrón, decidimos celebrar o fin do ano 2017 cos demais nenos e nenas do colexio! Aquí vos deixamos un vídeo que resume este día tan especial:

CINE: SE ARMÓ EL BELÉN!

Imaxe
Despois de meses esperando, por fin realizamos a primeira saída deste curso! Como non podía ser doutra maneira, para despedir este 1º trimestre, tódolos alumnos e alumnas do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso acudimos ao cine a Carballo para ver a película "Se armó el Belén"! Para chegar alí tiñamos que subirnos ao autobús, un momento moi especial para moitos de nós! Dicíndolle adeus a tódalas persoas e a tódolos establecementos de Ponteceso, emprendemos camiño cara a capital da nosa comarca! Despois dun pequeno tentempé xa estabamos listos para asistir á película que estaba a piques de comezar! Pasámolo xenial! Cal será a próxima saída? Estamos desexando sabelo...

CATÁLOGO DE XOGUETES IGUALITARIO!

Despois de varias semanas de traballo, por fin podemos anunciar que... AQUÍ ESTÁ O NOSO CATÁLOGO DE XOGUETES IGUALITARIO! Como ben sabedes, a raíz do 25N, na aula de 4 anos comezamos a falar sobre algunhas das inxustizas e desigualdades que observamos en moitos catálogos de xoguetes: Por que o rosa é cor de nenas e o azul cor de nenos? Por que as nenas só aparecen en determinados xogos e con determinados xoguetes e os nenos con outros moi distintos? Tendo en conta estas preguntas, reunímonos en asemblea e debatimos sobre esta problemática. Decidimos analizar varios catálogos de xoguetes e observamos que tristemente isto se repetía na gran maioría deles... Entón, a profe propúxonos crear o noso propio catálogo evitando estes estereotipos sexistas e, como non podía ser doutra maneira, aceptamos o reto! Antes de nada tiñamos que organizar o noso catálogo, e para iso guiámonos por un que nos trouxo a nosa compañeira Martina dunha antiga tenda de Carballo chamada "Don Dino".

VISÍTANOS O APALPADOR E ASISTIMOS A UN CONCERTO DE NADAL!

Imaxe
Esta mañá, na nosa biblioteca, os nenos e nenas de Educación Infantil recibimos unha agradable sorpresa. Un ano máis estivo con nós... O APALPADOR! Recén chegado das montañas do Caurel recordounos a súa historia e contounos unha fábula tradicional da súa zona protagonizada por unha ratiña e un montón de grilos. Aquí nos tedes con el! Ademais, novamente visitamos o Edificio das Escolas, aínda que desta vez foi para presenciar un concerto didáctico de Nadal que nos entusiasmou! Moi atentos escoitamos a voz de Ana, o teclado de Iago, o baixo de Alfonso e a percusión de Roi. Xunto a Raimundo recorremos moitas zonas do mundo (África, Estados Unidos, Cuba, Brasil, España...) e coñecemos a súa música! Aquí vos deixamos un pequeno fragmento de "Oh happy day", unha canción do gospel americano!

XOGANDO COA LINGUA: PANXOLIÑAS DE NADAL!

Imaxe
Esta tarde visitamos o Edificio das Escolas para presenciar a actuación de Zaira, Marta, Mario, Martina, Lucía e Noa! Os seis acoden a "Xogando coa lingua", a actividade de inglés promovida pola ANPA da nosa escola. No día de hoxe quixéronnos agasallar cunhas panxoliñas de Nadal xunto ás demais nenas e nenos que con eles acoden a estas clases! E aquí nos tedes aos demais Pondaliñ@s! Por suposto, non nos quixemos perder este momento tan importante para elas e eles! Mirade que ben o fixeron! Ademais, aproveitamos para comentarvos que a semana pasada realizamos as últimas fotografías para o noso catálogo de xoguetes! No día de hoxe démoslle as últimas pinceladas e temos algo que anunciar: O NOSO CATÁLOGO DE XOGUTES ESTÁ A PIQUES DE SAÍR Á LUZ!

SOMOS PEQUENOS MATISSE!

Imaxe
Esta mañá por fin rematamos o noso "Libro de Matisse" inspirado no conto " As tesoiras de Matisse ". Como non podía ser doutra maneira, transformámonos en pequenos pintores creando estas fantásticas obras de arte con diferentes papeis de cores e formas moi distintas. E estes foron os nosos resultados: Xabi : "Nave espacial con alieníxenas" Claudia : "Peppa Pig" Leila : "Barco pirata no mar" Naia : "Parque" Aroa V. : "Ferramentas de Matisse" Hugo : "Caracol nunha xesta" Lucía : "Adornos de Papá Noel" Mariña : "Flores no xardín" Andrea : "Dragón na montaña" Izan : "Serpes na selva" Alejandro : "Robot na selva" Zaira : "Río con follas" Noa : "Cama nunha casa" Lucas : "Roupa tirada" Roi : "Máquina de ratos" Brais P. : "Roupa caendo ao mar" Marta : "Árbor

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE LUCÍA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial... Esta tarde estivo con nós María, a mamá da nosa compañeira Lucía! Contounos unha historia moi fermosa titulada " De que cor é un bico? ", protagonizada por MiniMoni, unha nena á que lle encanta pintar pero que nunca coloreou un bico. De que cor sería? Pensou e pensou, ata que a súa mamá a encheu de bicos e lle demostrou que estes poden ser de tódalas cores! Ao rematar, cada un dos Pondaliñ@s comentou de que cor era o seu bico favorito, e así, se os xuntamos todos, teríamos bicos de tódalas cores! Como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou este conto. Por suposto, como agradecemento á mamá de Lucía, enchémola duns bicos e achuchóns moi coloridos. Nós tampouco nos fomos coas mans baleiras, xa que María e Lucía nos agasallaron cuns bicos de goma-eva que elas mesmas crearon, ademais dun pequen

DESPEDIMOS AOS CARACOIS!

Imaxe
O pasado martes comezamos a mañá no hall da nosa escola, e antes de subir á nosa aula colocamos as estrelas que picamos e pegamos na clase e que xa adornan a árbore de Nadal do noso colexio! Así loce a nosa árbore despois de que tódolos cursos pasasen a colocar as súas estrelas. Ademais, nas paredes do hall xa podedes ver as nosas postais e as de tódolos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil e Educación Primaria! Seguidamente, a profe dounos unha triste noticia... Tiñamos que despedirnos dos nosos caracois, xa que ninguén os podía coidar durante a ponte, e ademais, as vacacións de Nadal tamén están moi preto. Por este motivo, baixamos ao patio e liberámolos no xardín para que puidesen atoparse con outros caracois e buscar o seu propio alimento! Iso si, durante o recreo estivemos moi pendentes de que nada lles ocorrese. E hoxe estivemos buscando por eles, pero pensamos que deben estar hibernando por culpa dos ventos e das chuvias da borrasca Ana porque no