Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2017

"O ESQUIMÓ" DE MATISSE!

Imaxe
No día de hoxe coñecemos unha das moitas obras de Henri Matisse: "O esquimó". Nun principio só viamos terra, alfombras, pedras, follas... Pero cando a mestra nos informou do título deste cadro, fomos asociando algúns elementos co mundo polar: o branco da neve, o azul do mar, o rosa das auroras boreais, o amarelo da terra que aparece cando a neve se derrete, as plantas que alí medran... E aínda que Matisse creou esta obra cos seus pinceis e as súas pinturas, os Pondaliñ@s recreámola a través do collage, coma se este cadro fose un quebracabezas, peciña a peciña. Primeiro o rectángulo amarelo, logo o violeta, seguidamente o cadrado rosa e por último a cara do esquimó. Iso si, aínda nos quedaba debuxar as follas, non nos podiamos esquecer delas. Aquí nos tendes co profe Xalo, que nos estivo botando unha man nesta tarefa! Queredes ver o resultado final? Aquí nos tendes coas nosas obras de arte! Que vos parecen?

ANIVERSARIOS DE MARZO!

Imaxe
No día de hoxe celebramos o aniversario da nosa compañeira Martina, a única nena da nosa aula que cumpre anos no mes de marzo! Aquí a tedes no noso marco dos aniversarios, coa súa c oroa e coa súa medalla conmemorativa: Por suposto, todos os Pondaliñ@s a felicitamos, e aquí estamos con Teo, que tamén se uniu á nosa celebración! Xa nas nosas mesas, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres Martina sopraba a vela co número 4 nunha tarta moi especial... Unha tarta polar cun iglú, un esquimó pescando, unha foca, un pingüín... Impresionante! E despois de encher as nosas barrigolas con esta saborosa tarta e cuns ricos zumes, tocaba sacar unhas fotos cuns invitados moi especiais... Aquí temos a Martina coa súa madriña e co seu padriño, que non dubidaron en unirse á nosa celebración! MOITOS PARABÉNS E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!

TEO VIAXA Á CASA DE... NIZAR!

Imaxe
A nosa mascota máis tranquila xa se atopa na casa do noso compañeiro Nizar, co que pasará esta fin de semana. Que aventuras lle esperan a Teo? Moi pronto as descubriremos, pero do que estamos seguros é de que o pasará fenomenal con Nizar, coa súa familia e cos seus amigos!

MOCHILA VIAXEIRA: MARTINA

Imaxe
A nosa mochila viaxera xa se atopa na casa da nosa compañeira Martina, e con ela pasará a semana do seu aniversario. Menuda sorte! A gozar moito con tódalas historias que aí se agochan!

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL!

Imaxe
Esta mañá, xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, visitamos a Biblioteca Municipal para gozar dunha sesión de contacontos. Como o tempo non acompañaba, en vez de dar un paseo, decidimos realizar o percorrido en autobús. Na biblioteca xa nos esperaba Ana, a nosa contadora de historias. Estes foron os contos elixidos por ela: Os bonobos con gafas A princesa Carlota e o seu dragón mascota Artur e Clementina E con vós queremos compartir algunhas fotografías, e tamén o momento no que a nosa compañeira Aroa Penedo saiu voluntaria para imitar aos bonobos e dicir unhas palabriñas en inglés: CONTACONTOS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

MONKEY AND ME!

Imaxe
Por fin chegou o gran día! O día máis esperado! Esta mañá subimos ao escenario da biblioteca, e como grandes actrices e grandes actores, puxémonos no papel de narradores, pingüíns, canguros, morcegos, elefantes e monos!  Aquí vos deixamos a versión dos Pondaliñ@s do conto "Monkey and me". Moitas grazas Teacher por facer unhas clases de English tan divertidas!

NOVO MEMBRO DO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
No día de hoxe estamos de noraboa! Despois duns días poñendo e quitando o mandilón do xeito acordado na aula de 3 anos, o noso compañeiro Roi xa forma parte do noso exclusivo Club do Mandilón, e aquí o temos ben orgulloso co seu carnet! Moitos parabéns!

FORZUDOS, EQUILIBRISTAS E ACRÓBATAS!

Os nenos e nenas da aula de 5 anos están comezando co proxecto do circo, e esta tarde a súa profe Mila invitounos a tódolos nenos de Educación Infantil a transformarnos en forzudos, equilibristas e acróbatas. Aquí nos tendes en plena acción! FORZUDOS, EQUILIBRISTAS E ACRÓBATAS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

ÚLTIMO ENSAIO!

Imaxe
Despois dunhas semanas ensaiando con Teacher, e cos nosos micrófonos e as nosas caretas a punto, chegou o ensaio final da representación que mañá faremos do conto "Monkey and me"! Esta tarde, a nosa sesión de biblioteca foi un tanto especial. Desta vez non contamos ningunha historia... Hoxe tocaba dramatizala! Aquí vos deixamos as fotos deste último ensaio, e proximamente compartiremos con vós o resultado final!

TEO VOLVE DA CASA DE... NAIA!

Imaxe
A nosa mascota máis amorosa xa está de volta na escola! Queredes saber o que ocorreu durante esta fin de semana? Agora mesmo volo contamos! O venres, nada máis baixar dos autobús das xirafas, montou no coche da nosa compañeira Naia, e con ela acudiu ás clases de patinaxe! Por suposto, sempre co cinturón de seguridade ben colocado! Despois de tanto deporte, tocou visitar aos seus avós, Antonio e María. E despois desta tarde tan movida, unha gran recompensa: pizza para cear! Iso si, Teo, Naia e a súa irmá Alejandra aínda tiveron tempo para colorear antes de quedar durmidos ben abrazados! O sábado dedicárono a xogar: coas construcións, cos patíns, a montar nun cabalo e nunha moto, a ser doutor e doutora, ás cárceres, no parque... Canta diversión! O domingo puxéronse ben guapos para comer na casa dos avós. Alí xa os estaban esperando Noa, a curmá da nosa compañeira, xunto coa súa cadeliña Bimba cos que estiveron xogando toda a tarde. Como vedes, foi unha fin de semana fantástica, e

FELIZ DÍA DO PAI!

Imaxe
Como ben sabedes, na aula de 3 anos, celebraremos por todo o alto o Día da Familia o próximo 15 de maio! De todas formas, os Pondaliñ@s quixemos ter un pequeno detalle con todos os papás da nosa aula... Fixémolo con todo o noso amor! Feliz día! Querémosvos moito!

TEO VIAXA Á CASA DE... NAIA!

Imaxe
Esta tarde, a nosa mascota de cor rosa montouse no autobús das xirafas acompañada da nosa compañeira Naia, coa que pasará esta fin de semana! Que aventuras lle esperan a Teo? Moi pronto o descubriremos, pero do que estamos seguros é de que o pasará fenomenal con Naia, coa súa familia e cos seus amigos! Ata dentro duns días!

MOCHILA VIAXEIRA: ALONSO!

Imaxe
A nosa mochila viaxeira xa ten un novo destino! Nesta ocasión emprendeu unha viaxe ata a casa do noso compañeiro Alonso, co que pasará esta semana! A divertirse con tódalas historias que nela se agochan! Cal será a súa favorita?

CONCERTO DIDÁCTICO!

Imaxe
Esta mañá visitamos a cidade da Coruña para gozar dun concerto didáctico que o grupo de corda "Arcos Iris" nos regalou no Pazo da Ópera. Por suposto, temos que darlle as grazas á profe Luisa, xa que foi ela quen nolo conseguiu! Nada máis chegar coñecemos aos seus integrantes e os instrumentos que tocaban: Dorothea Nicholas e Enrique Iglesias encargábanse dos violíns; Alison Dalglish da viola; Rosalía Vázquez do violonchelo; e Todd Williamson do contrabaixo. Con eles recordamos que son as emocións e cales coñecemos, e aprendemos que a música nos pode transmitir moitas delas: alegría, tristeza, enfado, medo... Pasamos unha mañá moi agradable escoitando obras de Vivaldi, Chaikovski, Brahms ou Offenbach, entre outros. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do vivido: CONCERTO DIDÁCTICO - EL EFECTO ARCOS IRIS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

TEO VOLVE DA CASA DE... ZAIRA!

Imaxe
A nosa mascota máis alegre xa está de volta na escola, e veu disposta a contarnos tódalas aventuras vividas durante esta fin de semana na casa da nosa compañeira Zaira! O venres, nada máis baixar do autobús das vacas, visitaron a horta da nosa compañeira, onde estiveron recollendo flores, xogando cos canciños Rosco e Rex, saltando na cama elástica... Despois de merendar, montaron no patinete para visitar a Hugo e Xoel, uns amigos de Zaira cos que estiveron xogando o resto da tarde. O sábado, despois de almorzar, Teo axudoulle a Zaira a decorar a careta que usará na obra de "Monkey and me". Cando remataron, decidiron descansar vendo debuxos animados no ordenador, e logo seguiron xogando con tódolos xogos que ten a nosa compañeira. Pola tarde, Teo coñeceu á curmá Noelia, e logo foron ata Coruña para visitar o Centro Comercial Marineda, onde traballa a curmá Carlota. O domingo almorzaron co papá de Zaira, e coas pilas ben cargadas decidiron divertirse no parque de ból

CONTAMOS UN CONTO!

Imaxe
Esta mañá, na biblioteca da nosa escola, recibimos aos nenos e nenas que o próximo ano se converterán nos nosos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil. Deixaremos de ser os máis pequenos do colexio, e nós seremos os encargados de acompañalos nesta nova aventura! Despois de visitar as nosas aulas, decidimos realizar unha sesión de contacontos. A historia elixida foi a de "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". A profe Rocío encargouse de lérllela, mentres que nós, xunto ás nenas e nenos de 4 e 5 anos, por equipos, imitabamos a tódolos animais que aparecen neste conto que tanto nos gusta. Para rematar, despedímonos deles regalándolles unhas diademas con aquilo que Xan Pedro lle fixo á toupiña na cabeza, e tamén lles entregamos unhas piruletas e unhas moedas de chocolate para adozar a visita. O noso premio por este bo traballo foron unhas estreliñas que a mestra pegou na nosa fronte! ATA O PRÓXIMO CURSO PONDALIÑ@S!

TEO VIAXA Á CASA DE... ZAIRA!

Imaxe
No día de onte, a nosa mascota de cor amarelo emprendeu unha nova viaxe. Nesta ocasión montouse no autobús das vacas xunto á nosa compañeira Zaira, coa que pasará a fin de semana. Que aventuras lle esperan ao noso Teo máis alegre? Moi pronto as coñeceremos, pero do que estamos seguros é de que o pasará fenomenal con Zaira, coa súa familia e cos seus amigos! Vémonos a próxima semana!

MOCHILA VIAXEIRA: NOA!

Imaxe
A nosa mochila viaxeira xa ten un novo destino! Nesta ocasión montou no bus dos chimpancés para dirixirse á casa da nosa compañeira Noa. A pasalo moi ben con tódalas historias que no seu interior se agochan!

NOVIDADES NO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
O día de onte foi un día moi especial, xa que os Pondaliñ@s contamos cun novo membro no noso exclusivo Club do Mandilón! Despois destes meses de esforzo, Izan xa é capaz de botar a voar o mandilón na posición correcta, abotoarse e desabotoarse sen axuda e deixar as mangas listas para o día seguinte! Moitos parabéns!

RECICLAMOS CON SOGAMA!

No día de onte recibimos unha visita moi especial. Foi a de Mayra, unha enxeñeira que colabora con SOGAMA, a Sociedade Galega do Medio Ambiente, que nos axudou a seguir aprendendo sobre isto da reciclaxe. Primeiro, observamos os residuos que ela sacaba de dúas papeleiras, unha de cor azul e outra de cor amarela. Logo, os Pondaliñ@s que se presentaron voluntarios, axudáronlle a introducilos no colector correspondente. Feito isto, axudámoslle a Álex (un neno que vimos nun vídeo) a reciclar todo o lixo que tiña na súa casa despois da súa festa de aniversario. Finalmente, Mayra regalounos uns pequenos cadernos sobre a reciclaxe. Moitas grazas pola visita! Seguiremos os teus consellos para seguir coidando o medio ambiente! RECICLAMOS CON SOGAMA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

MARTA E MARTINA AXÚDANNOS A SABER MÁIS DOS ESQUIMÓS!

Imaxe
Antes das vacacións de Entroido as nosas compañeiras Marta e Martina trouxéronnos novos materiais relacionados co Polo Norte. Esta semana por fin puidemos falar deles! Marta tróuxonos un iglú feito con terronciños de azucre. Foi a súa mamá a que lle axudou a construír esta vivenda esquimó! Moitas grazas pola túa aportación! Martina mostrounos o seu xogo de pesca, onde cun par de canas podemos pescar peixes, morsas, polbos, cabaliños e estrelas de mar, un tesouro... Moitas grazas compañeira!

DÍA DA MULLER NO CEIP EDUARDO PONDAL!

Imaxe
O pasado mércores, na nosa escola celebramos o Día Internacional da Muller. Como ben sabedes, os nenos e nenas de Educación Infantil recreamos a Sandwina, a muller máis forte do mundo, con material de refugallo, inspirándonos nas obras de Hanoch Piven. A nosa obra xa se atopa na entrada do noso colexio xunto ás dos nosos compañeiros e compañeiras de Educación Primaria. Aquí tendes a exposición completa!

PAPELEIRAS DE RECICLAXE!

Imaxe
Esta mañá, despois das rutinas, a mestra ensinounos esta imaxe, e todos xuntos na alfombra estivemos falando sobre o que alí viamos. Coa axuda deste vídeo, a profe explicounos por que o Polo Norte estaba quedando sen xeo. Conforme ían pasando as imaxes, Rocío explicábanos o que estabamos a ver, o malo que era para o mundo e como podiamos cambiar nós iso. Como é un tema moi complexo sobre o que seguiremos afondando conforme vaia pasando o tempo, polo momento quedámonos coa importancia de non malgastar as cousas que temos , reutilizándoas (como fixemos no cadro de Sandwina) e reciclándoas (como faremos a partir de hoxe na nosa aula). Aínda nos custa recordar e pronunciar a palabra "reciclar", así que moitos Pondaliñ@s optamos por "transformar". Nos próximos días toca familiarizarnos coas cores da reciclaxe, pero o que xa temos claro son os materiais que podemos reciclar. Para iso, entre todos intentamos pensar nas cousas de plástico, papel e vidro que coñe

REMATAMOS O RETRATO DE SANDWINA!

Imaxe
Esta tarde os nenos de 3, 4 e 5 anos démoslle as últimas pinceladas ao noso retrato da muller máis forte do mundo. Este é o resultado final, que vos parece?

TEO VOLVE DA CASA DE... ROI!

Imaxe
No día de onte, a nosa mascota de cor verde regresou de pasar a fin de semana na casa do noso compañeiro Roi. Foron uns días moi divertidos, aquí volo contamos: O venres, Teo baixou do autobús das vacas con Roi e co seu irmán Leo, cos que merendou vendo a televisión. Logo, o noso compañeiro presentoulle a tódolos seus animaliños: as cadelas, as galiñas, os patos, os pavos, as codornices, os peixiños... E tamén o pasaron pipa saltando na cama elástica! Máis tarde, Leo fixo un debuxo que Teo e Roi colorearon, e xa pola noite tocou sesión de cine... A película elixida foi Trolls! Para rematar o día, ao meterse na camiña, a nosa mascota coñeceu a tódolos Teos que Roi ten na súa casa e que coseu a súa mamá Rosario. O sábado pola mañá, Leo leulles o conto de "O monstro de cores" e despois diso, Teo coñeceu o xogo favorito destes irmáns: os LEGOS! Un pouco máis tarde preparáronse para ir á piscina de Cabana, e antes de nadar, decidiron divertirse no parque cos columpios. Cos gor

RECREAMOS A SANDWINA!

Imaxe
Esta tarde, por fin creamos o retrato de Sandwina con todo o material de refugallo que trouxemos das nosas casas. Primeiro, escoitamos á profe e a Brian, o encargado de 5 anos, cos que volvemos a falar da muller máis forte do mundo e os que nos explicaron que íamos a facer con todos aqueles elementos. Cando xa tiñamos todo máis que claro organizámonos por grupos, e as mestras Ana e Rocío fóronnos chamando para completar o noso collage. Mentres, os demais Pondaliñ@s xogabamos no patio cos profes Xalo e Carlos. Así nos dividimos as tarefas na aula de 3 anos: O equipo amarelo decorou unha bóla da pesa de Sandwina, e para iso escolleron botóns e cachiños de papel. O equipo verde decorou a outra bóla, elixindo difirentes tapóns de botellas. O equipo vermello decorou a barra da pesa da nosa muller forzuda, para o que escolleron palliñas de cores. O equipo azul pegou a cara de Sandwina e colocoulle os ollos, para o que usaron dous botes de iogur, uns pompóns para darlle cor e uns

TEO VIAXA Á CASA DE... ROI!

Imaxe
Esta tarde, a nosa mascota de cor verde montouse no autobús das vacas para emprender unha nova aventura de fin de semana. Nesta ocasión o afortunado de ter a Teo con el durante estes días é Roi. Que sorpresas lle esperarán á nosa mascota máis tranquila? Moi pronto o descubriremos!

MOCHILA VIAXEIRA: LEILA!

Imaxe
Esta mañá a nosa Mochila Viaxeira regresou á escola, pero pola tarde xa emprendeu unha nova viaxe. Nestes momentos a nosa compañeira Leila xa pode divertirse con tódolas historias que aí se agochan. A gozar moito coa lectura!

HANOCH PIVEN, SANDWINA E O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!

Imaxe
O próximo mércores, 8 de marzo, a nivel de centro conmemoraremos o Día Internacional da Muller. Cada aula escollerá unha ou varias mulleres que loitasen pola igualdade, e dende Educación Infantil a elixida foi a austríaca Kate Brumbach, alias " Sandwina ", calificada como a muller máis forte da Terra e das primeiras mulleres forzudas do mundo do circo. Aproveitando a temática que envolve este curso a nosa escola, abordaremos unha profesión historicamente relacionada coa esfera masculina. Será mañá cando a coñezamos na aula de 3 anos: Ademais, achegarémonos á técnica artística do collage recreando ao grande, cos nenos e nenas de 4 e 5 anos, a imaxe de Sandwina, inspirándonos nas obras do ilustrador israelí Hanoch Piven . É por este motivo polo que hoxe vos pedimos diferentes elementos de refugallo para traer á aula. Xa vos mostraremos ata onde pode chegar a nosa imaxinación! Esta será unha boa maneira de achegarnos ás 3R (reducir - reciclar - reutilizar), e ap

TEO VOLVE DA CASA DE... XABI!

Imaxe
Despois de pasar estas vacacións de Entroido na casa do noso compañeiro Xabier, a nosa mascota de cor verde xa se atopa novamente na aula. Por suposto, ningún dos dous se esqueceu de contarnos todo o que viviron durante esta fin de semana tan longa... O xoves, nada máis chegar, Teo e Xabi foron á tenda da súa mamá e alí estiveron vendo un montón de teas de Entroido. Logo, aproveitaron para merendar e xogar un pouquiño máis ata que foi hora de ir para a casiña, onde se ducharon, cearon e prepararon o disfrace de pallasete antes de ir para a cama. O venres, despois do cole, a súa curmá Noa leulles o conto de "O monstro de cores", e pola tarde Teo e Xabi xogaron co seu papá e con tódolos xoguetes do noso compañeiro. Máis tarde visitaron novamente a tenda da súa mamá. O sábado, Xabi e a nosa mascota foron co seu papá tomar un pincho de tortilla ao bar de Iván antes de comer coa avoa Maruja. O domingo, o noso compañeiro disfrazouse de Spiderman e visitou o Polideportivo de

MÁIS DO ENTROIDO!

Imaxe
Novas imaxes e novos vídeos chegan do fantástico día de Entroido que vivimos a semana pasada! Temos que darlle as grazas á mamá do noso compañeiro Roi, que foi quen nos fixo esta reportaxe tan xenial! PASARRÚAS DE ENTROIDO! - Kizoa Editar Videos - Movie Maker