Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2017

SEMANA DO SAMAÍN: CORREDOR DO TERROR E MOITO MÁIS!

Imaxe
No día de hoxe continuamos coas sorpresas de Samaín... Nada máis entrar ao colexio os primeiros sorprendidos fomos nós cando vimos os atuendos e as maquillaxes terroríficas de mestres e compañeiros! Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 4 anos na nosa versión máis medorenta! E falando de medo, onde algún de nós pasou moito foi no túnel do terror que tódolos anos prepara Teacher no seu corredor! Desta vez os sustos déronnolos uns zombies que saían de ataúdes, pallasos, noivas cadáver e outras personaxes ben medorentas, caixas e bebidas misteriosas... Aquí nos tedes antes de entrar! Como non queríamos que máis monstros nos asustasen, a profe contounos que os podíamos facer desaparecer cun feitizo coma os que fan os bruxos e bruxas de Samaín. Antes de nada, escoitamos esta canción para ver como esta bruxa creaba a súa pócima máxica e así coller algunha idea para a nosa! Feito isto, démoslle renda solta á nosa creatividade e á nosa imaxinación e verbalizando todo o que s

SEMANA DO SAMAÍN: EXPOSICIÓN DE CABAZAS E TALLER DE COCIÑA!

Imaxe
No día de hoxe iniciamos a semana máis medorenta do curso: A SEMANA DO SAMAÍN! Como non podía ser doutra maneira, comezamos coa exposición de cabazas que cada Pondaliñ@ trouxo da súa casa e que decorou coa súa familia. Mirade as nosas fantásticas creacións! Agora xa repousan todas elas nun dos mobles do hall para que calquera persoa que visite o colexio poida admiralas! Moitas grazas aos papás e ás mamás pola vosa colaboración! Outra das actividades que realizamos no día de hoxe foi un taller de cociña de Samaín! Distribuímonos en varios grupos xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos.  Andrea, Aroa P, Brais M., Claudia, Lucas, Mario, Nizar e Xabi visitaron a aula de 3 anos e c oa profe Mila e coa profe Silvia transformaron unhas mandarinas e unhas regalices nunhas cabazas moi especiais! Alejandro, Hugo, Izan, Lucía Mariña, Naia, Noa e Zaira quedaron na aula de 4 anos c on Xalo e Rocío, onde con pan tostado, marmelada de pemen

GO AWAY BIG BLUE MONSTER!

Imaxe
Esta tarde tivemos unha visita moi especial na nosa aula... Hoxe estivo con nós Sabela, a irmá do noso compañeiro Alonso! Durante os últimos días, nas súas clases de English con Teacher, creou a súa particular versión do conto "Go away big green monster", ideando o seu "My big blue monster". Foi esta a historia que hoxe veu interpretar á aula de 4 anos! Moitas grazas Sabela, encantounos!

CONTO DE SAMAÍN!

Imaxe
Despois de prepararnos nas nosas mesas e realizar as rutinas do encargado, estreamos outro dos novos xogos que mercou a mestra para nós. Desta vez os protagonistas eran uns vasos de cores con números escritos que nos permitirán realizar moitas actividades diferentes que pouquiño a pouco vos presentaremos. A de hoxe consistía no seguinte... Primeiro, a encargada Marta ordenou os vasos de maneira ascendente. Logo, varios nenos e nenas colocaron os pompóns correspondentes ao número de cada vaso. Seguidamente, tras comprobar que todo estaba correcto, pechamos os ollos, xa que a profe cambiou vasos e pompóns de lugar para que outros compañeiros e compañeiros comprobasen se coas novas modificacións todo seguía en orde ou algúns pompóns se mudaran ao vaso que non lle correspondía... Xa por último, algo moi importante... Recoller! Agora, estes vasos xa se atopan no noso recanto dos números para poder xogar con eles cando queiramos! XOGAMOS COS VASOS NUMÉRICOS? O resto do día dedicámosllo

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO!

Imaxe
Hoxe estamos de celebración! O noso compañeiro Mario faise maior e cumpre 4 anos! Aquí o tedes coa súa coroa e coa súa chapa conmemorativa no noso marco dos aniversarios! Por suposto, tódolos Pondaliñ@s o felicitamos, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! Xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres Mario sopraba as súas catro velas! Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas co saboroso biscoito de chocolate e lacasitos que cociñou a mamá do noso compañeiro! Iso si, os Pondaliñ@s de 4 anos non fomos os únicos invitados a esta celebración. A mamá e a avoa de Mario tamén quixeron compartir este momento con el! Moitos parabéns e a cumprir moitos máis! Agardamos que che gustasen os nosos agasallos!

CREAMOS A NOSA PROPIA FIRMA E COÑECEMOS A UNS ESTRAÑOS CARACOIS!

Imaxe
No día de hoxe coñecemos a firma do noso artista favorito: a sinatura de Henri Matisse! Aproveitando un debuxo que o noso compañeiro Alonso lle regalou á profe, pensamos en diferentes maneiras de decorar o noso nome e así crear a nosa propia rúbrica para plasmar en futuras obras artísticas que realicemos na aula. Demos renda solta á nosa creatividade e á nosa imaxinación e estes foron os resultados finais. Recoñecédelas todas? CREAMOS AS NOSAS SINATURAS! Despois disto, visitamos a nosa alfombra para coñecer a Pipo e Pipa, os caracois que Lucía e Roi crearon coa axuda das súas mamás con tea, pinturas e pinceis, cabazas... Estes animais, xunto aos do noso compañeiro Alejandro, déronnos pé a falar de caracois moi diferentes aos que nós coñecemos. Os de Lucía e Roi recordábannos moito aos caracois xigantes africanos... Son enormes! A maqueta de Alejandro representaba, por unha banda, aos caracois terrestres cubanos de moitas cores, e pola outra, aos caraco