QUEIMAN GALICIA.

Os Pondaliñ@s de 4 anos estamos moi tristes porque esta mañá lemos as noticias do día, e démonos conta de que en tódolos xornais dixitais que visitamos aparecían fotografías e vídeos de grandes incendios. Estes incendios estanse producindo en Galicia, lugar no que nós vivimos, e estanlle afectando a nenos e nenas coma nós que hoxe non puideron ir ao seu colexio, a familias como as nosas que tiveron que abandonar as súas casas e a animais coma os que atopamos nos nosos montes que quedaron atrapados polas lapas.

Non logramos entender por que hai xente que prende lume, pero o que si sabemos é que isto non está nada ben. Todos xuntos en asemblea reflexionamos sobre o mal que se fai incendiando os montes, e estas son as nosas conclusións. Colocámolas na entrada da nosa clase, para que todo aquel que pase polo noso corredor se conciencie un pouquiño máis sobre esta situación tan grave. Mañá continuaremos abordando este tema tan importante, e será o momento de buscar maneiras de coidar os nosos montes...


Preocupámonos tamén polos caracois que vivían neses montes incendiados, sabemos que moitos deles se queimaron, polo que nos comprometemos a seguir coidando moi ben aos que nós temos na aula. No día de hoxe descubrimos que aos nosos caracois lle gustan as mazás, pero tamén que non quixeron probar as mandarinas. Hoxe poñeranse as botas co plátano, co tomate e coa mazá que lles trouxo Mariña, xa que consultando a nosa táboa de rexistro comprobamos que estes alimentos son do seu agrado e xa os comeron e ocasións pasadas.


Iso si, grazas a Marta temos novos integrantes no noso caracolario...


Ademais, grazas ao noso compañeiro Alejandro descubrimos que non todos os caracois teñen esta cor marrón que lle coñecemos. En Cuba, unha illa moi lonxana, existen uns caracois terrestres de múltiples cores. E nas augas tropicais tamén viven uns caracois de mar de cor violeta. Teremos que investigar máis sobre estes caracois que non coñecíamos!


Igualmente, Roi tróuxonos un caracol que mercou no parque zoolóxico de Marcelle e Hugo outro que atopou nun papel cun montón de animais! 


Ademais, no día de hoxe por fin puidemos visitar a biblioteca para realizar o préstamo bibliotecario semanal. Como xa somos maiores, desta vez escollemos nós os libros, iso si, só os que teñen o gomet vermello! E falando de contos, aproveitamos para animarvos unha vez máis a participar na actividade "Contos por bicos", na que a cambio dunha historia encherémosvos de bicos cheos de amor! Esperámosvos!

Comentarios

  1. Desde Logo e unha vergonza que queimen asi a nosa terra, onte fumos dar un paseo para buscar millo e pinas para a guarde de hector, e alejandro todo triste dixome, mami e os nenos onde se queimou todo non poden salir coma nos asi a buscar cousas que pena mama. E moi triste todo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eles mesmos se dan conta desta barbarie, a verdade é que están moi concienciados coa situación 😊

      Eliminar
  2. esta moi ben que se fale destas cousas no cole,enseñalos desde pequeniños,conciencialos do noso,e coidalo...son o noso futuro...Eu si irei encantada participar no de contos por bicos...non me perdería eses bicolos por nada do mundo !! cando o teña pensado xa te aviso jijij

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Totalmente de acordo, como diría Nelson Mandela "A educación é a arma máis poderosa que se pode usar para cambiar o mundo", e tal e como está, fai moita falta cambialo 😞 Non esperaba menos de ti e seguro que traes algunha artistada das túas 🙂 Durante esta semana ide mandando as táboas cubertas para poder ir organizando as sesións, a ver se vos animades moitos a participar e conseguimos manter isto de "Contos por bicos" todo o curso 🤞🤞🤞

      Eliminar

Publicar un comentario