COÑECEMOS A LILÍ GRUYÉRE!

Esta mañá, os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria visitamos a biblioteca do noso colexio para gozar dun contacontos moi teatralizado grazas a Trinketrinke...



En Lonxedetodo, aldea dos Ratos de Biblioteca, vive unha gran artista de proxección internacional: Lilí Gruyére, amante dos contos e dos queixos! Hoxe trouxo á biblioteca do CEIP Eduardo Pondal o seu mellor repertorio, un espectáculo cheo de poesía, música e moitas risas... Encantounos!


Con ela recordamos algún conto que xa leramos na aula e nas nosas casas, e tamén coñecemos outros novos...




Ademais, a nosa compañeira Mariña puido subir ao escenario con esta artista. Axudoulle a Lilí Gruyére a cantar e bailar para ver se desta maneira abría aquel ovo xigante do que finalmente saíu un paxariño de cor negra moi animado e moi famento...


Gustounos moito este espectáculo, e se queremos asistir a outro desta mesma compañía, poderemos facelo coas nosas familias este venres 13 de outubro ás 19.30 horas na biblioteca municipal. Animarémonos? Seguro que si!

Despois dun gran aplauso e un bico ao paxariño, baixamos de novo ás nosas aulas. Alí tiñamos outros animais que coidar. Por suposto, falamos dos nosos caracois! Xa pola tarde, despois de comprobar que cada día comen máis e só deixaron buracos na leituga e nas berzas de Aroa, hoxe o noso compañeiro Brais tróuxolles repolo! Gustaralles? Pensamos que si! Mañá comprobarémolo!


E falando de caracois, hoxe levamos para a casa os nosos cadros concretos e abstractos, xa plastificados e cun cordón para poder colgalos onde nós queiramos. Que vos pareceron? Gustáronvos? Ademais, despois de facer un traballiño impreso nas nosas mesas, quedounos tempo para decorar a nosa porta. Recoñecedes o que nela representamos pegando e pegando cachiños de cartolina? Si! "O CARACOL" DE MATISSE!

Comentarios

  1. Genial!! ir o cole siempre e un dia de festa!! e si,o viernes ali estaremos pa ver a Trinketrinke !! seguro q o pasamos moi ben!!e a porta quedou moi chula!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, a nós gustounos moito, está xenial o espectáculo, e seguro que a Roi lle encanta volver a ver a esta ratiña novamente 👏👏👏 Alegrámonos de que vos guste a porta 😊

      Eliminar
  2. ah e o cadro abstracto chulísimo!! xa decora na habitación de Roi!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben! 👏👏👏 Na clase había discusión entre poñelos na habitación ou na cociña, non se poñían moito de acordo 😂😂😂

      Eliminar
  3. O cadro esta moi chulo. Hai que colgalo na habitación. A porta quedou moi chula. O venres se non hai novedad iremos a biblioteca.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas, alegrámonos de que vos gusten as cousiñas que imos facendo 😊 A Andrea vaille encantar volver a ver a Lilí Gruyére! 🐭

      Eliminar

Publicar un comentario