COÑECEMOS Á PROFE SILVIA E APRENDEMOS MÁIS DOS CARACOIS!

Esta mañá coñecemos a Silvia, a mestra de Audición e Linguaxe que nos visitará tódolos xoves para impartir un Programa de Estimulación da Linguaxe Oral (PELO). Nada máis comezar a sesión, espertamos a boca a través de diferentes exercicios. Logo, coñecemos a Fifi, unha gatiña moi simpática, e a tódolos seus amigos grazas a un conto moi divertido. Tamén desenvolvemos a nosa conciencia fonolóxica e incidimos no fonema /f/ xogando cos pictogramas. Aínda que o que máis nos gustou foron as adiviñanzas! Temos moitas ganas de que volva de novo!




Despois de poñer os mandilóns e facer as rutinas, a nosa encargada de onte tróuxolle un montón de comida aos nosos caracois. Pero antes de nada, limpamos o caracolario, mollamos a terra, porque aos caracois gústanlle os espazos húmidos, e observamos o estado dos alimentos que onte deixou Alonso. Descubrimos que aos caracois lle gustan moito as cenouras, raspáronas todas coa súa rádula, pero os pementos non tiñan un só buraquiño. Será que non lle gustan? Ou non tiñan máis fame? Deixámolos no caracolario, por se acaso.

Grazas a todo o que trouxo Martina puidemos hipotetizar un montón, e así seguir aprendendo sobre a alimentación dos caracois. As plantas de Noa gustáronlle aos caracois, así que supoñemos que as que trouxo Martina tamén lle gustarán, así que alá foron para dentro do caracolario. A cenoura sabemos que lle gusta enteira, pero... Gustaralle tamén se lla cortamos en cachiños pequenos? Mañá comprobámolo! O mesmo pasou co plátano, prefíreno con tona ou sen ela? Como non estabamos moi seguros, partímolo á metade, un cachiño con cáscara e outro sen ela. E o tomate, gustaralle máis a parte interior ou a exterior? Como non sabemos, tamén o partimos á metade, e deixamos unha parte boca arriba e outra boca abaixo. Canto imos ter que observar mañá pola mañá!


Tamén aproveitamos os minutiños que nos quedaban antes de merendar para ver un pequeno documental sobre os caracois. Estivemos moi atentos! Aquí volo deixamos por se o queremos volver a ver nas nosas casas!



Despois da merenda, da relaxación, dun traballo impreso, do comedor e do recreo, por fin chegou a hora de English con Teacher. Como ben puidéchedes comprobar, estámolo pasando estupendamente ben grazas ao conto "Press here" ou "Un punto" en castelán.



Xa a última hora, recollemos as nosas mesas e quitamos os mandilóns. Sentamos na alfombra e moi atentos escoitamos a Martina e Roi, que nos trouxeron nova información sobre os caracois.

Martina mostrounos este precioso debuxo dun caracol de terra.

Roi trouxo un dossier cunha información sobre caracois que descoñecíamos... Descubrimos o que é a helicicultura: a cría de caracois e o seu aproveitamento para diferentes usos. A profe explicounos que ás veces se crían caracois para comer, tanto a súa carne coma os seus ovos, e outras veces utilízase a súa baba para crear cremas, como a que nos traerá a próxima semana. Ademais, o noso compañeiro falounos de HELIXGALICIA, unha granxa-escola situada en Outeiro de Rei (Lugo). Vimos un montón de fotografías e descubrimos un montón de nova información.

Comentarios

  1. Seguro que a Roi as clases de pronunciación lle van moi ben!!, e canto dan de si os caracois!! falta que os probedes!!!!! jajajajajaj aunque Roi di que si , que lle gustaría..haber se me fago con eles,e mando jijijiji








    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A profe xa ten pensado un taller de cociña para o día do seu cumple, pero cuns caracois moito máis doces 😋 Se os sabes cociñar podes vir ti tamén facernos un taller, a ver cantos se animan a probalos 😂

      Eliminar
  2. Eu os caracoles inda noon me animo a cociñalos...pero ainos en bote ,xa con salsa,so fai falta quentalos jijiji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois cando queiras! Non temos ningún alérxico a caracois ou moluscos na aula, polo que os Pondaliñ@s de 4 anos atrevémonos con todo 💪

      Eliminar
  3. Alex di que a el encantanlle os caracoles de mar ja ja ja e esta preocupado porque di que deixou a silla desarrimada

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. JAJAJAJAJA, ENCÁNTAME! 🤣🤣🤣 Dille que non se preocupe pola cadeira, el deixouna perfectamente colocada e xa está de novo no seu lugar. A profe estaba aí sentada escoitando á profe Silvia e levantouse para sacar unha foto, pero esqueceuse de arrimala 🙈 Non volverá a suceder 😇

      Eliminar
  4. E tremendo mira no que se foi fijar

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É que a profe insiste moito no de deixar sempre as cadeiras arrimadas. Álex ten toda a razón do mundo 😂

      Eliminar

Publicar un comentario