OVOS DE CARACOL!

Esta mañá entramos á aula e démonos conta que no día de hoxe, ao facer as rutinas, tiñamos que sumar 0+0! Sabedes por que? Porque por primeira vez no que vai de curso por fin estamos os 23 Pondaliñ@s xuntos na aula! Aquí tedes a nosa primeira fotografía grupal!


Despois das rutinas, seguimos reflexionando sobre os incendios que están arrasando Galicia, e unha vez que falamos do tema en asemblea, no día de hoxe tocou propoñer diferentes formas de coidar e protexer os nosos montes. Ademais, comparamos fotografías de bosques sans con outros ardendo, e sen dúbida, gústannos moito máis os bosques verdes que os vermellos e alaranxados. Este panel de información xa o colocamos no corredor xunto ao que creamos onte, para seguir concienciando aos nosos compañeiros e compañeiras e a toda a comunidade educativa da nosa escola!


A situación dos montes galegos podémola relacionar coa estación do ano na que nos atopamos: o outono. É nesta época na que tamén se celebra unha das festividades que máis nos gustan: o Samaín. Papás e mamás, non vos asustedes se os pés dalgúns nenos e nenas van para a casa máis brancos do habitual. Algo estamos argallando na aula con Xalo e Rocío, algo que moi pronto descubriredes... Por agora non vos podemos dicir máis!



Xa para rematar, querémosvos poñer ao día sobre o estado dos nosos caracois. Despois de comprobar que paparon tódalas froitas e verduras que lles trouxo Mariña, desta vez Claudia arrasou coa horta do avó e chegou cargada cun montón de ricos alimentos para os nosos compañeiros de aula: unha planta de aloe vera, puerros, berzas, grelos, xudías, coles de bruselas, perexil, uvas chinas... Menudo festín!


E por último, unha cousiña que aínda non podemos comentar cos Pondaliñ@s de 4 anos... A profe Rocío quedou un cachiño no cole para limpar a fondo o caracolario, e atopouse cunha superhipermegaultrasorpresa da que ningún de nós se deu conta no día de hoxe. Agochados na terra había... DOUS CARACOIS POÑENDO OVOS! Que cara se lles quedará mañá pola mañá cando nos atopemos con eles e os descubran? Seguro que se emocionan un montón!

Comentarios

  1. a foto de grupo chulísima!! xa tiña ganas de velos asi,todos xuntiños!!, que andaredes argallando?? jijijiji seguro que pronto o sabemos!!!!uiiii que alegría van levar o chegar a aula!!! ampliades a familia jijijij

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, pasou moito tempo ata que se xuntaron os 23 na aula, non había maneira 🤣 Argallamos moito na clase de 4 anos, pero as sorpresas son sorpresas e non vos imos contar nada máis polo momento 😜 Temos xa familia numerosa de caracois e cos que saian destes ovos aínda se nos vai quedar pequeno o caracolario 😂

      Eliminar
  2. Que bonito e ver os nenos todos xuntos. Qiue andaredes tramando? A de a ver que ampliar o caracolario porque a familia crece.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Na semana de Samaín descubriredes o que estamos a facer 👻 O caracolario máis vale que o vaian aproveitando que a profe non ten máis acuarios para reutilizar 😂

      Eliminar
  3. Que maravilla a foto de grupo os 23 xuntos, que ben👏👏👏. E hoxe van a levar unha super sorpresa cando lle contes o que atopaches no caracolario, como disfrutan eles co mundo caracol, e un proxecto xenial.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, algúns xa penso que están obsesionados co mundo do caracol! 🤣 En todo ven caracois, cando toca debuxo libre debuxamos caracois, se xogamos con plasti facemos caracois, se falamos dos incendios preocúpannos os caracois... Encántanme estes Pondaliñ@s tan motivados! 😍😍😍

      Eliminar

Publicar un comentario