SUMAMOS E SEGUIMOS!

Como ben sabedes, despois das rutinas do encargado, normalmente aproveitamos para facer algún xogo grupal na nosa alfombra. Desta vez realizamos un que aínda non coñecíades... Agora volo presentamos! Ao azar, escollemos unha peza de dominó agochada nun saquiño. Contamos os puntiños e colocamos o mesmo número de tapóns. Logo, realizamos a suma correspondente. Aquí tedes o resultado final!



Ademais, aproveitamos para comentarvos que os nosos caracois seguen moi ben alimentados grazas a tódalas froitas e verduras que lles trouxo o noso compañeiro Alejandro!


Por certo, moi pronto chegará o Samaín, e con el un montón de actividades medorentas, entre elas o corredor do terror de Halloween que sempre preparan as profes de Inglés no último piso da nosa escola. Por isto, con Teacher xa estamos ensaiando iso de "Go away" para espantar tódolos monstros que por alí aparezan!


Comentarios

  1. Que xogo mais divertido. Como aprendeden os nenos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos de que vos guste o que facemos 😉

      Eliminar

Publicar un comentario