AGASALLOS DE NADAL!

Despois de celebrar o Nadal coas nosas familias, no día de hoxe tocou volver ao colexio... Todos chegamos moi contentos, e máis contentos nos puxemos cando descubrimos o gran agasallo que na nosa alfombra deixou o Apalpador... Unha caixa de luz con cores, números e letras para seguir aprendendo! Encantounos!



Tamén descubrimos que durante as vacacións se colou o "Señor do Tempo" na nosa clase... Non sabedes quen é? Nós tampouco o sabíamos, pero grazas á carta que nos deixou descubrimos que é un home que enfeitizou a nosa escola cun conxuro, e ese conxuro só se desfará se nós superamos as probas que nos vaia poñendo semana tras semana. A primeira delas era descubrir de que falaban aqueles agasallos que agochou na caixa do Apalpador. Abrimos e abrimos e descubrimos que nos regalara catro libros de... EXIPTO! Como nos pediu, entre todos escribimos "Exipto" nunha cartolina amarela que tivemos que buscar pola aula e deixala na que un día foi a mesa dos caracois. Será que o "Señor do Tempo" vai volver á nosa clase para recoller o que fixemos e deixar unha nova proba? Quen sabe... Iso si, estamos tan motivados que cada vez que entramos na aula non deixamos de mirar a mesa por se ocorreu algo na nosa ausencia! Cambiaría algo? Mañá descubrirémolo...



Moitas grazas Apalpador e Señor do Tempo polos agasallos, aproveitarémolos un montón!


Por certo, non vedes nada diferente nesta fotografía? Si! Tamén estamos moi contentos porque a nosa compañeira Daniella volveu do cole de Laxe e está de novo con nós! Benvida amiga!

Por suposto, no día de hoxe non puidemos deixar de facer unha asemblea pedida por tódolos Pondaliñ@s! Todos tiñamos que contar que ocorrera durante este tempo que estivemos sen vernos, e aquí vos deixamos o mellor do noso Nadal!

Comentarios

  1. Que ganas de volver o cole tiña Lucía e non me extraña, cantas cousiñas lles deixou o apalpador,e que bonito o resumen de cada neno co debuxo tamén das súas navidades😍😍.a por outro trimestre de aventuras con Exipto 😘😘😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, chegaron tod@s moi content@s e coas pilas súper cargadas! 😊 Xa estamos totalmente inmersos no proxecto de Exipto, agora tócavos tamén ás familias, que o Señor do Tempo xa volveu a facer das súas jejeje 😋

      Eliminar
  2. xa con ganas de volver tamen!! seguro que te loquearon da cabeza,que iban con gans de contar moitas cousass!!,jijijiji,umm que misterioso ese home do tempo...e os regaliños de exipto,cantas cousas ..!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajaja, a verdade é que viñeron moi emocionad@s e con moitas ganas de contar todo o que lles pasara durante as vacacións! 👏👏👏 Do Señor do Tempo volvemos a ter hoxe noticias, e seguro que moi pronto nos sorprende con novos retos... 😏😏😏

      Eliminar

Publicar un comentario