CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE ALEJANDRO!

Despois das vacacións de Nadal, no día de hoxe retomamos os nosos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial... Esta tarde estivo con nós Cristina, a mamá do noso compañeiro Alejandro!

Contounos unha fermosa historia titulada "Perdido?", protagonizada por un pingüín que a todas partes segue a un neno. Este ve que o animal está triste, polo que pensa que se perdeu e quere volver ao Polo Sur. Cando chegan alí despídense, pero durante a volta á casa o neno dáse conta de que bota de menos ao seu novo amigo e volve buscalo. Este reencontro fainos moi felices, xa que o pingüín non estaba perdido, estaba só...


Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou este conto! Por suposto, como agradecemento á mamá de Alejandro, enchémola de bicos e achuchóns! Volve cando queiras Cristina, estás máis que invitada!

Comentarios

  1. Asi me gusta Cris!! que os nenos encanntaanlle os contooss!!! e a Aalejandro que vaia sua mami nin che conto!! jijijiji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Á profe Rocío tamén lle gusta moito que veñan as familias ler contos 😍😍😍

      Eliminar
  2. Bueno alejandro estivo encantado todo o dia de que a sua mama fora o cole teremos que repetir pasamolo en grande os papas e os peques

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Por suposto que si! Aquí vos esperamos de novo 👏👏👏

      Eliminar
  3. Qué ilusión lles fai e que felices están cando van os seus papás o cole 😍😍😍

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimo! Para el@s é unha alegría que as familias veñades ao cole 😍 Algo teremos que ir argallando para o curso que vén 😋

      Eliminar

Publicar un comentario