PASAPORTE A EXIPTO!

Esta mañá comezámola observando se o "Señor do Tempo" nos deixara algunha carta na súa caixiña. Comprobamos que estaba baleira, pero o noso compañeiro Alonso descubriu que alguén deixara un novo libro de Exipto na nosa mesa do proxecto. Sería o noso novo amigo? Pensamos que si...


Fainos moita ilusión recibir unha nova carta do "Señor do Tempo", así que hoxe decidimos rematar os nosos pasaportes, facendo máis colorido o seu interior e creando a súa portada. Aquí nos tedes esta tarde en pleno traballo:


Cos nosos pasaportes listos, a última misión que nos deixou o "Señor do Tempo" estaba rematada. Aquí podedes ver o pasaporte do noso encargado de hoxe:



Ademais, o "Señor do Tempo" estará moi contento porque as primeiras aportacións das familias comezan a chegar, e grazas a elas poderemos aprender moito máis sobre o Antigo Exipto. Aquí tedes a Brais co debuxo dun sarcófago que creou e decorou coa axuda do seu papá, e que nos axudou a recordar que neles se gardan as momias, e que estes repousan no interior dunha pirámide. Tamén podedes ver a Lucía, que na tarde de onte visitou a biblioteca municipal cos seus papás e tróuxono o conto de "Simón en Egipto". Esta tarde non tivemos tempo de lelo, farémolo mañá despois das rutinas, pero vimos as imaxes e este libro axudaranos a coñecer novos aspectos da cultura exipcia e aprender moito vocabulario descoñecido para nós.


Pero Exipto non foi o único protagonista da nosa xornada, hoxe tamén lle dedicamos un tempo á lectoescritura, recordando e reproducindo a grafía "u" e "a" e construíndo palabras no maletín das letras que estreamos hoxe despois das rutinas do encargado! 

Comentarios

  1. Xa co seu propio pasaporte, que chulada. Ahora a esperar para saber que carta volve a deixar o señor do tempo na súa caixiña jejeje...como se van a divertir e a aprender estos nenos con exipto😍😍😍 e volta a rutina das letras, que nos estas navidades tivemolas un pouco abondonadas🙈

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos de que vos guste! Este Señor do Tempo moito vai ter que argallar que os Pondaliñ@s xa se acostumaron ás súas cartas diarias e non sabemos que pasará se algún día non manda nada novo! 😂😂😂 E para iso están as vacacións, para descansar! Agora xa se encargará a profe de volver á rutina e facelos traballar moito! 😋

      Eliminar
  2. O seu primeiro pasaporte!! levaraos a conocer una nova civilización,non viaxaran con el,pero na sua mente seguro que moitas aventuras ocurren jijiji

    ResponderEliminar

Publicar un comentario