O NOSO RECUNCHO DO ANTIGO EXIPTO!

O pasado venres o Señor do Tempo propúxonos un novo encargo: crear o noso recanto do Antigo Exipto! Para identificalo, deixounos unhas letras que tivemos que decorar, ordenar e colocar no noso espello. Aquí nos tedes en pleno proceso:


E este é o resultado final. O noso recanto xa está esperando por tódalas aportacións que fagan as familias dos Pondaliñ@s durante o desenvolvemento do noso proxecto:


E falando de aportacións... Mirade canto indagamos e construímos coas nosas familias durante esta fin de semana. Impresionante!

Noa tróuxonos un pendrive con pequenas curtametraxes relacionadas co Antigo Exipto que aproveitaremos nas diferentes misións que nos vaia enviando o Señor do Tempo, e tamén unha película que comezaremos a ver este venres na nosa habitual sesión de cine! Moitas grazas compañeira!

Con Alejandro volvemos a ler a historia de "Simón en Egipto". Gústanos moitísimo! Grazas compañeiro!

Andrea chegou co libro de "Exipto misterioso", o mesmo que nos enviou a semana pasada o Señor do Tempo. Como tiñamos dous, decidimos prestarlle o que nos regalou o noso novo amigo aos nosos compañeiros e compañeiras de 5 anos, que tamén están recibindo cartas misteriosas deste Señor do Tempo que enfeitizou o colexio. Pouquiño a pouco iremos abrindo tódalas pestanas para descubrir moito máis desta civilización! Moitas grazas compañeira!

Brais mostrounos o seu sarcófago que contiña a momia dun faraón ou raíña exipcios! Grazas compañeiro!

Claudia ensinounos esta maqueta onde podemos ver un par de pirámides en pleno deserto do Sáhara, separadas unha da outra polo gran río Nilo. Moitas grazas compañeira!

Mariña chegou hoxe con esta gran pirámide que construiu coa súa tía Adriana! Grazas compañeira!

Aroa tróuxonos esta pirámide, con sarcófago e momia incluídos, xunto á que descansa un dos moitos camelos que habitan no deserto do Sáhara! Moitas grazas compañeira!


Martina deixounos ver o interior dunha gran pirámide, e grazas a ela descubrimos que ademais de momias e sarcófagos, tamén albergan un montón de labirintos e trampas para evitar que os ladróns rouben os tesouros das raíñas e faraóns! Ademais, gustounos moito ver como se escribía "Martina" con xeroglíficos exipcios e coñecer algúns símbolos importantes para esta civilización. Moitísimas grazas compañeira!

Lucía ensinounos a súa caixiña de Exipto, decorada con figuras exipcias, xeroglíficos, amuletos coma o Ankh, o Ollo de Horus, os escarabellos... No seu interior podíamos atopar unha momia feita cun rolo de papel hixiénico, un crocodilo saído dunha pinza da roupa e unha bonita pulseira de raíña exipcia. Moitas grazas compañeira!

Roi tróuxonos esta gran caixa exipcia cun faraón, xeroglíficos e numerosos símbolos exipcios na súa tapa. No seu interior contiña unha maqueta feita con Legos onde podemos ver a pirámide de Keops e a esfinxe de Giza en pleno deserto do Sáhara. Tamén vemos tres camelos e o gran río Nilo, rodeado de palmeiras e cactus, cun crocodilo e un barco no seu interior. Ademais, ensinounos tamén varias manualidades: unha momia, un par de crocodilos e unha serpe. Moitísimas grazas compañeiro!


Como vedes, xa tivemos que ampliar o noso recuncho cara o corredor, pero non importa, poñeremos as mesas que sexan necesarias se podemos contar con recursos tan xeniais coma estes para seguir aprendendo sobre o Antigo Exipto! Moitísimas grazas familias, sodes espectaculares!

Por certo, hoxe tamén coñecemos a un novo membro da familia real do País das Letras. Esta mañá chegou á nosa clase a Princesa I!

Comentarios

  1. Cantas cousiñass!!! ese recuncho estache a quedar ben bonitiño!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estanos, estanos, que o mérito de que estea quedando así de ben é dos Pondaliñ@s e das súas familias! 😉

      Eliminar
  2. Moitas cousas bonitas. Que pena que xa tuverades o libro.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pena ningunha que o noso prestámosllo aos nen@s de 5 anos e nós utilizaremos o de Andrea! Doble diversión! 😜

      Eliminar
  3. O recanto do antigo Exipto quedou precioso,as letras quedaronlles moi bonitas os nosos pondaliños, e con todas esas aportacións vai a estar genial...pero vexo xa moitas cousiñas chulas e igual tendes que ampliar o recanto jijiji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si si, xa é oficial que o imos ampliar! Imos transformar o corredor nun museo exipcio, así que proximamente veredes mesas cheas de material, información nas paredes, elementos exipcios colgados do teito, fiestras xeroglíficos... Dádenos unhas semaniñas organizalo todo e así vós comprobar que andamos argallando 😋

      Eliminar

Publicar un comentario