SUPERAREMOS A PRIMEIRA PROBA DO SEÑOR DO TEMPO?

A principios desta semana o Señor do Tempo deixounos un novo reto a superar se queremos conseguir o primeiro selo e así, pouco a pouco, desfacer o feitizo que botou sobre a nosa escola. Como ben sabedes, a nosa misión era descubrir onde se atopa Exipto. Así que como non podía ser doutra maneira, durante estes últimos días manipulamos globos terráqueos, bólas do mundo, mapas... Ademais, vimos varios vídeos e comezamos a analizar os diferentes libros de información que temos na aula para facernos expertos no tema. Xa completamos os datos que nos pediu o noso novo amigo, e hoxe decoramos a bandeira deste país. Aquí nos tedes en pleno proceso:


E aquí tedes a bandeira exipcia que decorou a nosa encargada de hoxe, Martina:


Esta tarde, na nosa alfombra, deixamos unha caixa preparada con todo o que fixemos durante esta semana para saber máis sobre a localización do Antigo Exipto, esperemos que ao Señor do Tempo lle guste e nos deixe o primeiro selo e unha nova misión!

Iso si, do que estamos convencidos é de que o Señor do Tempo estará encantado con tódalas novas aportacións das familias, que nos axudarán moito a saber máis sobre esta antiga civilización. 

Roi ampliou o noso recuncho do Antigo Exipto con este globo terráqueo interactivo que nos dará nova información sobre o país actual. Moitas grazas compañeiro!

Brais mostrounos esta gran pirámide exipcia! Fantástico compañeiro!

Zaira ensinounos o debuxo dun antigo sarcófago exipcio. Precioso compañeira!

Mario trouxo esta fantástica pirámide, con sarcófago incluído, ademais dun pendrive cun montón de vídeos que nos axudarán a saber máis sobre o Antigo Exipto! Grazas compañeiro!

Martina chegou á aula con este gran dromedario, un dos animais característicos do deserto do Sáhara! Grazas compañeira!

Álvaro, o irmán da nosa compañeira Lucía, deixoulle estas figuras exipcias para botarnos unha man coas misións e así seguir aprendendo sobre esta civilización. Moitísimas grazas!

Naia mostrounos unha cabaza á que transformou en momia como se fose a mesmísima raíña de Exipto. Ademais, trouxo un libro de información idéntico ao que nos regalou o Señor do Tempo, así que, como non podía ser doutra maneira, o da nosa aula prestámosllo aos nenos e nenas de 5 anos para que eles tamén sigan aprendendo desta civilización. Moitísimas grazas compañeira!

Brais ensinounos un libro de información sobre Cleopatra, unha das raíñas exipcias máis coñecidas, e tamén un álbum ilustrado con xogos e curiosidades sobre o Antigo Exipto. Grazas compañeiro!

Lucas trouxo un par de coleccionables sobre o Antigo Exipto con interesantes imaxes e unha información que nos será de moita utilidade. Moitas grazas compañeiro!

Comentarios

  1. Eu creo que con tsnta información,o señor do tempo non tera dubida,que estes nenos xa saben moi brn ,donde queda Exipto no mapa !! seguro que gañan o primer selo sen problema jijiji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Esperemos que si, a ver que pasa luns 🤭🤭🤭

      Eliminar
  2. Todos os nenos seguro que ganan o primeiro selo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A ver, a ver... O luns saberémolo! 🤗🤗🤗

      Eliminar

Publicar un comentario