FELICES VACACIÓNS!

O 2º trimestre deste curso xa rematou, e tódolos traballiños que fomos realizando durante estes meses están gardados nesta carpeta tan exipcia. Para crear a súa portada, a profe transformou aos Pondaliñ@s en monarcas exipcios, e xunto á nosa fotografía colocamos un cachiño do papiro que creamos días atrás, e no cal debuxamos un peixe... Sabedes por que o fixemos? Pois porque o peixe era o amuleto dos nenos e das nenas no Antigo Exipto! Por suposto, a nosa carpeta gardámola nunha bolsa, que nesta ocasión decoramos con tres coelliños de Pascua que fai uns días picamos! Gústavos? Agardamos que si! Aquí vos deixamos á nosa encargada de hoxe mostrando as nosas creacións!


E falando de coelliños de Pascua... Sabíades que o teléfono da profe ten poderes máxicos? Si, si, si... Mirade, mirade! As nenas e nenos de 4 anos tamén queremos desexarvos unhas felices vacacións con estas simpáticas fotografías que sacamos esta mesma tarde! 












E AGORA... A PASALO ESTUPENDAMENTE BEN DURANTE ESTES DÍAS DE DESCANSO! TOCA REPOÑER FORZAS PARA VOLVER O PRÓXIMO MARTES 3 DE ABRIL COAS PILAS SÚPER CARGADAS!

Comentarios

  1. Moito traballaron !! da gusto ver cantas cousiñas aprenderon!! moi simpaticos están de coelliñosss jajajaja ois outro trimestre que remata...que peniña...feliz Pascua profe! vemonos a volta! moitos bicoss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos de que vos gustasen as cousiñas que levaron e foron facendo durante este trimestre! 😊 Para o 3º máis e mellor! 👏👏👏 Felices vacacións para vós tamén! 😘

      Eliminar
  2. Moito traballos fixeron. Encantaronme todo que troujo porque fixeron moitas cousiñas. Feliz pascua Rocio.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos de que vos gustase todo o que fixemos durante estes últimos meses! 😊 Seguiremos coas mesmas ganas no próximo trimestre! 👏👏👏 Felices vacacións para vós tamén! 😘

      Eliminar

Publicar un comentario