ANIVERSARIOS DE MARZO!

No día de hoxe estivemos de celebración! Durante as últimas vacacións, a nosa compañeira Martina fíxose maior e cumpriu 5 anos! Aquí a tedes coa súa coroa e coa súa chapa conmemorativa no noso marco dos aniversarios!


Por suposto, tódolos Pondaliñ@s a felicitamos e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! 


Xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres a nosa compañeira sopraba a súa vela de aniversario!


Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas con esta espectacular tarta exipcia! Non lle faltaba ningún detalle e, ademais, estaba riquísima!


Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración! Con Martina tamén quixeron compartir este momento Rafa e Álvaro, o papá e o padriño da nosa compañeira.


Moitos parabéns e a cumprir moitos máis! Agardamos que che gustasen os nosos agasallos!

Comentarios

  1. Feliz cumple, pedazo de tarta!!! Alejandro disque repetiu que estaba moi rica

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si si, repetiron varios, e a profe tamén dá fe de que ademais de súper bonita e acorde coa temática do proxecto, estaba boísima! 😋

      Eliminar

Publicar un comentario