CONCERTO DIDÁCTICO: "O CIRCO AMBULANTE"

O de hoxe foi un día diferente... Unha vez máis montamos no autobús para visitar a cidade da Coruña, nesta ocasión para asistir a un concerto didáctico moi circense!




Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos no Pazo da Ópera!


Despois de subir un montón de escaleiras, cada Pondaliñ@ situouse nunha das butacas esperando a que comezase o gran espectáculo!




E cando se apagaron as luces... comezou o espectáculo! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que vimos sobre o escenario! Cantamos, bailamos, coñecemos diferentes artistas de circo... E o máis importante, pasámolo estupendamente ben!


E para rematar a xornada, incluso sacamos unha fotografía cos protagonistas desta actuación!

FOI UN GRAN DÍA E PASÁMOLO XENIAL!

Ademais, aproveitamos para comentarvos que xa escollemos temática para o proxecto deste trimestre... Fai uns días que o Señor do Tempo nos deixou a súa derradeira carta, onde nos anunciaba que no próximo mes de maio visitaremos o Aquarium da Coruña. Por este motivo, agasallounos cun libro con gafas 3D onde se recollían moitos dos animaliños que veremos durante esta visita. Así pois, tiñamos unha nova misión: elexir sobre que queríamos aprender. Analizamos as páxinas dese libro, visitamos a web do Aquarium, vimos vídeos... Con toda a información, xa estabamos preparados para realizar a votación.

Comezamos propoñendo os animais dos que nos gustaría saber máis, e os escollidos polos Pondaliñ@s foron: Tiburóns - Peixes - Baleas - Golfiños - Estrelas de mar - Tartarugas - Cabaliños de mar - Polbos - Focas. Realizouse unha primeira votación e os gañadores absolutos foron os tiburóns (¡Estamos desexando coñecer a Gastón, o tiburón que vive no Aquarium!).


A profe decatouse de que a metade da aula votara os tiburóns, pero a outra metade escolleran outras opcións, así que tivo unha idea... Por que non aprendemos sobre dous animais mariños que nos gusten a tod@s? Descartamos as baleas, os golfiños e os polbos por non ter ningún voto (Os Pondaliñ@s que realizaron estas propostas logo decidiron que lles gustaba máis a opción dada por outro compañeiro). Seguimos ao noso, analizamos datos e vimos que, despois dos tiburóns, as dúas opcións máis votadas eran as estrelas e os cabaliños de mar, así que a decisión estaba naqueles Pondaliñ@s que votaran aos peixes, ás tartarugas e ás focas, que tiñan que modificar o seu voto e escoller que animal acompañaba aos tiburóns. E as elexidas foron as estrelas de mar! (Gustounos moito iso que léramos de que no Aquarium as poderíamos tocar). Falamos cos Pondaliñ@s que escolleran os cabaliños de mar e dixéronnos que as estrelas tamén lles gustaban moito, así que xa estaba todo decidido...


OS TIBURÓNS E AS ESTRELAS DE MAR SERÁ A TEMÁTICA DO NOSO NOVO PROXECTO!

Comentarios

  1. creovos que o pasarades xenial!! moi animado me parecía ese espectculo! que suerte eses pondaliños..outra escursion!!! creo que me vou botar na mochila de Roi pa ir cn vos de paseo jijijji a temática escollida ten moi boa pinta..seguro que aprendemos cousas que nos van sorprender!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Roi pasouno pipa, estaba ensimismado coa actuación, nin parpadeaba 😂 Con estes Pondaliñ@s calquera temática vai funcionar xenial, e se é escollida por el@s xa nin che conto 😊

      Eliminar
  2. Q ben o montan estes Pondaliños ahora paseando seguido😉.Mario cando espertou non tiña gana de ir e logo veu encantado,dixo q habia unha pallasa moi divertida🤣🤣.Pos probablemente nos adiantemos a visita do aquarium porq queriamos acercarnos hoxe!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, a verdade é que ultimamente saímos moito do cole, pero é unha maneira diferente de aprender e coa que el@s o pasan moi ben! 😊 Jajajaja, non sei que pasou con esta saída que houbo máis Pondaliñ@s que a quixeron boicotear, o día antes ata a profe tivo que facer asemblea con el@s porque non entendía que pasaba con tanta negativa 😂 Pero ao final viñeron tod@s encantadísim@s da Coruña 🤡 Non importa, o Aquarium creo que é un lugar no que dá igual as veces que o visites xa que sempre te sorprenderá 🤗 Sacade moitas fotiños, sobre todo cos tiburóns e as estrelas, e se logo Mario nolas ensina moito mellor, que lle imos a sacar un montón de partido na aula para o proxecto 👏👏👏

      Eliminar
  3. Andrea veu encantadisima da Coruña. Gustoulle moito o espectaculo. A verdade que vin o video e tamen me gustou a min. Andrea nn lle da chegado o mes de maio para ir de excursion. Tenme moi boa pinta a tematica que escolleron os nenos. Seguro que aprenden moito.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A verdade é que o pasan fenomenal nestas saídas! 😊 Alegrámonos de que vos guste a temática escollida, para a semana xa vos chegará cartiña para que comecedes a mandar material 😋

      Eliminar

Publicar un comentario