QUE APRENDEMOS DO ANTIGO EXIPTO?

Durante os últimos días abandonamos un pouquiño o noso blog e non subimos ningunha actividade porque estabamos inmersos na última misión do Señor do Tempo... 

Estamos a piques de romper o feitizo que botou sobre a nosa escola, e a única maneira de facelo é demostrándolle todo o que aprendemos sobre o Antigo Exipto...

Xunto aos Pondaliñ@s de 3 e 5 anos creamos este vídeo onde uns preguntan e outros responden, e así resumimos todo o que descubrimos desta civilización dende o pasado mes de xaneiro.

Que opinades? Credes que lle gustará ao Señor do Tempo? Romperemos o conxuro? Esperemos que si... Oxalá recibamos boas noticias ben pronto!

Comentarios

  1. Encantame que ben o fixeron

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos de que vos guste! Fixérono estupendamente ben e quedou un vídeo xenial 😊

      Eliminar
  2. Eu creo q o Señor do Tempo quedars completamente sorprendido con tantas curiosidades que saben estes esnos!Noraboa polo traballo profe!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A ver se mañá este Señor do Tempo se deixa ver polo cole... Estamos desexando coñecer a súa opinión! 😜

      Eliminar
  3. jajajajjaajajajajajaja enccantamee !!! mira que de cousas aprenderon! o Señor do Tempo vai quedar alucinadooo jajajajj

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Exipto dou para moito e estes Pondaliñ@s aprenderon un montón! 😍

      Eliminar

Publicar un comentario